Alg-a Lab [RESIDENCIA]

A partir del próximo 25 de marzo, Alberto comienza una residencia de un mes en el Alg-a Lab de Valadares (Galiza) continuando el proyecto común de Aldea Lúdica, pero sobre todo con los brazos abiertos a la gente de Alg-a para transformar y explorar nuevos caminos de las investigaciones.

Presentación previa:

PREALGA2.jpg

Image 2 De 6

El propósito tras el buceo en las colaboraciones-residencias de Paco Inclán y Agata Ruchlewicz, será la inmersión en los conceptos psicogeográficos del situacionismo dentro de estas lógicas computadas.

¿Las tortugas derivan?


Alg-a Lab

Alg-a é unha comunidade de arte e acción libre constituída como Asociación Cultural que xurde da necesidade de fomentar o contacto e o intercambio en rede. Os seus ámbitos de acción van, dende un laboratorio de formación, encontro e traballo a un netlabel e un portal de noticias. Alg-a Laboratório é un espazo de experimentación cultural posto en marcha en 2008 pola comunidade de artistas Alg-a (2003), en colaboración por unha banda co arquitecto e activista Santiago Cirugeda, facilitador de 2 colectores habilitados para vivenda dentro do seu proxecto Recetas Urbanas (xerme da actual rede internacional de colectivos Arquitecturas Colectivas), e por outra, Carlos Alonso, particular da parroquia de Valadares (Vigo), quen nos ofreceu unha leira de 3000m2 en réxime de cesión por 10 anos, onde están actualmente instalados os colectores. O obxectivo é ofrecer o Alg-a Lab como recurso a disposición dunha rede distribuída de diferentes persoas, comunidades e organismos (relacionados principalmente coa arte, a tecnoloxía libre, a arquitectura, a educación e a permacultura) interesadxs no espazo para o seu uso e xestión cooperativa. Paralelamente tratamos de experimentar e aprender diferentes posibilidades de autoxestión e organización colaborativas, inspiradas nas dinámicas distribuídas da cultura libre e nas redes 2.0.


Texto Alg-a

Alberto Alberludo (@cerojugadores) proponnos unha residencia para investigar o deseño urbán e as relacións sociáis, dende unha perspectiva moi singular: “O traballo exposto presenta unha aproximación combinada ao marco teórico-práctico do deseño xerativo para os sistemas urbanos. Con isto preténdese pór en valor que a incorporación das lóxicas de computación no proceso da arquitectura, no seu sentido amplo, non só supón unha ampliación do campo de datos obxectivos, senón un cuestionamento cara as distintas xerarquías latentes dende a secuencia de diseño, a participación social ou os difusos límites da nosa relación coa máquina“. Así nos presenta Aldea Lúdica (máis info), un eufemismo un tanto provocativo para revertir se cabe, os parámetros de control aos que hoxe en día se ve sometida a cidade. Pódenmos servir as Ciencias da Computación, a Teoría de Xogos, o Deseño paramétrico e outras metodoloxías de xestión e xeración de información como sistema de aprendizaxe para o deseño da cidade? Quizais un prototipo para isto sexa a “aldea”; e quizais, Valadares, como Parroquia de veciñ@s cumpra unha funcionalidade semellante.

EXPERIMENTO-A3

Desfrutaremos da presenza de @cerojugadores apartir do 25 de Marzo, e durante un mes, no que practicamente todos os días están xa asignados cunha tarefa. Recollida de información, valoración, visualización de datos. Ademais o proxecto dá continuidade a outras intervencións desenvoltas dende Alg-a Labcomo Psicocartografía de Paco Inclán ou Mapa subxectiva de Valadares deAgatha Dzianach.

EXPERIMENTO-A8

Visit Us On TwitterVisit Us On FacebookVisit Us On Instagram